O pasado 20 de outubro contamos coa visita de Títeres Tarabelos para celebrar durante esa semana o Día das bibliotecas. Tarabelos contou un conto clásico “O novo traxe do rei” interpretado por títeres agasallando ao público de Coiro, nenos e adultos, cunha velada divertida en torno aos contos que arrancao máis dunha gargallada. O contacontos tivo unha gran acollida.