Animalario Fantástico – Biblioteca do CSC As Fontiñas

Na aula de xogo do Centro Sociocultural As Fontiñas os nenos gozaron dunha sesión de fantasía consistente na creación de “quimeras” a partir de partes doutros animais. Os nenos tiveron a oportunidade de imaxinar nomes, costumes, das creacións fantásticas da súa imaxinación. Foi unha actividade participativa recomendada para nenos de 6 a 10 anos.




