“Conto contigo” na Axencia de Lectura de San Vicente
Expresión Produccións achegou ata a Axencia de Lectura de San Vicente o seu espectáculo “Conto contigo” que fixo as delicias de grandes e pequenos.

Nesta tarde de contos tivemos a ocasión de coñecer a Julia unha nena a que lle encantaban os contos e descubriu un lugar máxico onde había unha chea de contos, a Biblioteca. Para poder levar contos tiña que ser socia da biblioteca e polo tanto fixo o carne. Pero so podía levar un conto. ¿Como ía a facer se lle gustaban todos os que alí estaban? Ao final, por arte de maxia, conseguiu levarse na súa mochila a todos os personaxes dos contos clásicos que mais lle gustaban.

Tamén coñecemos a Juanito que desexaba ter unha mascota pero a súa nai non lle gustaba ningunha que lle traía (elefante, león, gorila, xirafa). Despois de moito cavilar atopou a mascota ideal, un cadelo.





