Charla-coloquio de Concha Blanco en Rois
“Rois no Camiño das Letras Galegas” iniciou a súa actividade cos centros educativos, cunha charla coloquio coa pedagoga, mestra e escritora Concha Blanco. O alumnado de educación secundaria do CPI Os Dices- Rois, puido conversar acerca da lingua galega e a figura de Manuel María.