Raquel Queizás veu á Biblioteca de Ribeira
“Mariña. Contos nados no mar” contados por Raquel para os nenos e as nenas que viñeron ao sábado de conto.
Raquel Queizás, este sábado 7 de maio, fixo posible que a Serea de Sálvora contase unha morea de historias preciosas na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira. Tivemos un neno xigante, un polbo tamén xigante, un muíño máxico, meigas, contos orientais… Cantas historias do mar sabía a Serea de Sálvora!





