Babacontos con Manuel María na Axencia de Lectura de Baio (Zas)

Onte, martes 10 de maio tivemos case unha hora de contos e poesías de Manuel María como “o bigote de Mimí”, “os soños na gaiola”, cancións que nos fixeron levantarnos das cadeiras,… da man de Larraitz Urruzola co seu “Babacontos de Manuel María” durante o noso programa “Maio, mes das letras: Manuel María, Letras Galegas 2016”.

Unha vez rematada a actividade falamos coa artista.





