Trinke trinke… despídese de Cambados na ALM de Oubiña
O pasado venres 13 de maio Trinke trinke, tras visitar en Cambados as demais axencias de lectura, fixo unha parada en Oubiña, para que os nenos desta parroquia coñecesen tamén a súa versión ratoniana de Riciños de Ouro. Os rapaces e pais que participaron puideron gozar dunha sesión moi divertida e chea de sorrisos… velaí van algunhas fotos que así o reflicten:





