Un Cabaret prodixioso na Biblioteca Municipal de Ribeira
O sábado 21 de maio, ás 12.00 h, chegou a Ribeira o Cabaret Infantil Prodixio.

Ao rematar o contacontos decatámonos de que foran un prodixio de contos cun rinoceronte que se chamaba Ghuapo, elefantes rosa, pantasmas cariñosas, crocodilos que venceron a timidez… Cancións, bailes e moita, moita, moita diversión.

O Cabaret Infantil das Irmás Prodixio é unha marabilla!





