Inacio Vilariño na Biblioteca Municipal de Ribeira
Outro sábado, 4 de xuño, de contos na Biblioteca Municipal de Ribeira
Inacio Vilariño contando as historias do Bou Catrineta.

Un burro presumido facía que o camiño ata Ribeira fose lento, pedímoslle permiso para pasar cantando… E cantando e contando as historias da Tía Lola pasou a mañá.
Un can, un ferreiro, un pau… Pero que nos conta Inacio? Historias dun demo que foxe co noso cantar.

Grazas, Inacio! Fantoches Baj fixo que a nosa mañá de contos na Biblioteca fose marabillosa.




