Trinke trinke despídense de Cambados!
Onte a ALM de Vilariño foi a derradeira parada de Lili Gruyère e do coelliño branco en Cambados. Tras visitar os diferentes centros culturais da vila, non puideron ter mellor despedida pois os pais e nenos acolléronos entre risas e aplausos… e non era para menos despois de terlles contado historias como a de Lucía Cotriñas ou facer sorprendentes trucos de maxia.
A sesión rematou cantando entre todos a canción de “Lonxe de todo”… ata pronto Trinke Trinke!






