Na Casa dos Fraga, banda deseñada con Oink!
O pasado venres 25 de abril na Biblioteca Municipal de Cambados dixemos ata pronto á profesora de debuxo Ana, que se achegou á Casa dos Fraga para darnos a coñecer a historia e técnicas creativas da banda deseñada. O taller de Oink! (creadores da revista do Xabarín Club) realizouse grazas a “Ler Conta Moito” e enmarcábase dentro do programa de actividades “Abril… libros mil!” que o Concello de Cambados soe realizar neste mes para dinamizar a lectura e estender a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro a todo o mes.
A actividade realizouse os venres 4, 11 e 25 de abril e participaron o máximo de rapaces permitido, resultando todo un éxito. Todos elaboraron a súa propia banda deseñada e foron moitos os que destacaron pola súa orixinalidade e bo facer… sen dúbida repetiremos!