Obradoiro de banda deseñada en A Barcala (Cambre)
A biblioteca municipal Xabier P. Docampo ofreceu, este venres, unha interesante sesión da actividade ‘Fai o teu comic!’, da man de Iria, ilustradora e deseñadora gráfica.
A biblioteca municipal Xabier P. Docampo ofreceu, este venres, unha interesante sesión da actividade ‘Fai o teu comic!’, da man de Iria, ilustradora e deseñadora gráfica.
Non pode arrancar de mellor xeito o XX aniversario do noso Festival de cómic Viñetas desde o Atlántico que poñendo en contexto a banda deseñada galega, as súas orixes e a súa evolución ata o día de hoxe. E é por iso que programamos na Biblioteca Os Rosales a charla con Xulio Carballo: “Ler a nosa BD! Unha viaxe pola historia e os autores da Banda Deseñada Galega”.
O luns 7 de agosto ás 18 h coñecimos as orixes da banda deseñada galega da man de Xulio Carballo e ata o domingo 13 de agosto poderemos disfrutar na cidade da Coruña do Festival Viñetas desde o Atlántico, que lle dedica unha exposición especial aos autores galegos convidados ao longo destes vinte anos de historia.
Neste obradoiro práctico creamos viñetas e memes partindo de imaxes e novas de actualidade. Coñecimos as técnicas, estratexias e ferramentas contemporáneas para crear e compartir humor gráfico. E xa comprobamos da man de Guitián que non é necesario debuxar ben, só ter un chisco de inxenio ou sentido do humor (ou nin eso).
O afamado viñetista Santy Gutiérrez, recoñecido polas súas divertidas e ácidas viñetas diarias no xornal “La opinión de A Coruña“, estivo na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña para facernos partícipes de cales son as pautas básicas para debuxar un cómic. O Obradoiro, dirixido a rapaces de 7 a 15 anos, forma parte das actividades de Ler Conta Moito, programa de dinamización da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Este luns 8 de agosto tivemos na biblioteca municipal Sagrada Familia o pracer de contar co ilusrador Xosé Tomás que impartiu o Obradoiro de banda deseñada Coñécete a través dos cuadriños
As persoas asistentes crearon durante dúas horas persoaxes baseados no seu entorno, inventando guións sobre a súa vida e contando a súa propia historia entre as viñetas.
A Biblioteca Municipal Forum Metropolitano acolleu un taller de iniciación ao Manga este xoves 20 de Agosto ás 11:30 h. Esta actividade forma parte do programa de dinamización lectora da Rede de Bibliotecas de Galicia, Ler conta moito. Estaba dirixida a mozos/as a partir dos 9 anos e impartiuno o estudo especializado en manga “Cerditos de Guinea”.
Traballamos nos pasos básicos e conceptos principais do manga e nas técnicas e materiais usados polos profesionais xaponeses.
O pasado venres 25 de abril na Biblioteca Municipal de Cambados dixemos ata pronto á profesora de debuxo Ana, que se achegou á Casa dos Fraga para darnos a coñecer a historia e técnicas creativas da banda deseñada. O taller de Oink! (creadores da revista do Xabarín Club) realizouse grazas a “Ler Conta Moito” e enmarcábase dentro do programa de actividades “Abril… libros mil!” que o Concello de Cambados soe realizar neste mes para dinamizar a lectura e estender a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro a todo o mes.
A actividade realizouse os venres 4, 11 e 25 de abril e participaron o máximo de rapaces permitido, resultando todo un éxito. Todos elaboraron a súa propia banda deseñada e foron moitos os que destacaron pola súa orixinalidade e bo facer… sen dúbida repetiremos!
Interesantes obradoiro no que os participantes crearon perxoases baseados no seu contorno. Incluso inventaron algúns guións!!
Séguenos