Obradoiro de Banda Deseñada, con Santy Gutiérrez
O afamado viñetista Santy Gutiérrez, recoñecido polas súas divertidas e ácidas viñetas diarias no xornal “La opinión de A Coruña“, estivo na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña para facernos partícipes de cales son as pautas básicas para debuxar un cómic. O Obradoiro, dirixido a rapaces de 7 a 15 anos, forma parte das actividades de Ler Conta Moito, programa de dinamización da Rede de Bibliotecas de Galicia.