CREA O TEU PORTALIBROS EN CORCUBIÓN
Na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil recordando a figura dunha das artistas máis sobranceiras da vangarda artística do surrealismo español, a galega Maruja Mallo.
Fixemos un taller da man de Jose Luis Cousillas García, de Crearte Servizos Culturais, coa figura de Maruja como fío condutor, e como a arte, e sobre todo a arte surrealista, tamén está recollida e representada nos libros.
A vida de Maruja Mallo está chea de grandes aventuras, viaxes, as amizades que mantivo con por exemplo Dalí, Miró, etc… Unha muller afoutada, sen límites para a súa libertade, e que defendía o papel da muller en todos os ámbitos da vida. E con moita sorpresa e ledicia comprobamos o grande coñecemento que os participantes tiñan dela.
A parte artística, logo de repasar a súa obra e de falar dos temas que lle gustaban, as paletas empregadas, e as composicións das súas obras, consistíu en afondar nese imaxinario coa interpretación propia de cada neno. Uns artistas!!, e un bó comezo para rematar na casa e adornar a habitación de cada quen.
No obradoiro de dobraxe, as nenas e nenos asistentes descubriron os trucos e misterios da dobraxe das películas que ven no cine habitualmente. Ó fin foron os protagonistas poñéndolles a voz ás súas personaxes favoritas. Saíron encantados da actividade 🙂
Neste obradoiro práctico creamos viñetas e memes partindo de imaxes e novas de actualidade. Coñecimos as técnicas, estratexias e ferramentas contemporáneas para crear e compartir humor gráfico. E xa comprobamos da man de Guitián que non é necesario debuxar ben, só ter un chisco de inxenio ou sentido do humor (ou nin eso).
O afamado viñetista Santy Gutiérrez, recoñecido polas súas divertidas e ácidas viñetas diarias no xornal “La opinión de A Coruña“, estivo na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña para facernos partícipes de cales son as pautas básicas para debuxar un cómic. O Obradoiro, dirixido a rapaces de 7 a 15 anos, forma parte das actividades de Ler Conta Moito, programa de dinamización da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Xosé Tomás visitou a Biblioteca Ánxel Casal para impartir o seu obradoiro de Ilustración de Banda Deseñada, onde coñecimos as orixes desta arte.
Aprendimos a usar os diferentes códigos característicos, viñetas, cartuchos, elipses narrativas, pero tamén coñecimos outros como os raccords, ou a montaxe das planas.
O éxito do obradoiro veuse reflectido nas propostas dalgúns dos asistentes para os que o obradoiro debería ser continuado con talleres sobre os outros procesos posteriores ao de debuxar as historias.
Más información sobre este evento aquí.
O luns, 19 de outubro, desfrutamos dunha tarde moi entretida, lúdica e educativa co Obradoiro de Marionetas de papel a cargo de Viravolta Títeres.
Todos os asistentes fixeron o seu comecocos, que logo decoraron e adornaron ao seu gusto, partindo das instruccións de Anxo, que con moita paciencia e bo humor foinos desgranando como facer a nos marioneta.
Tanto pais/nais, como nenos/nenas, o pasaron en grande e aprenderon que cousas tan xeniais pódense facer cuns trozos de papel de cores.
Este mes na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña indagamos sobre isto co conto de Selma, de Jutta Bauer, ao que lle demos vida en stop-motion nun obradoiro de LerContaMoito grazas a Illa Bufarda e ás súas integrantes, Sabela e Adriana.
Os rapaces e rapazas que asistiron puideron crear os personaxes un a un, as súas voces, e tódolos escenarios do conto para mostrar que é a felicidade para Selma, que podedes ver na montaxe final.
E para vós, que é a felicidade?
Séguenos