CREA O TEU PORTALIBROS EN CORCUBIÓN
O luns 31 de xullo, de 12:00h a 13:00 h da mañá, tivo lugar no CEIP Praia de Quenxe da localidade, unha actividade de animación á lectura organizada dende a Biblioteca Pública Municipal.
Contamos con rapaces e rapazas usuarios da biblioteca, e tamén cos nenos que participan no campamento de Lecer, para a conciliación familiar que se organiza dende o Concello. Cos monitores e monitoras.
Unha mañá diferente, e moi entretida, da man de Iria Orizales (“Xogando nas Nubes” ), onde os participantes deseñaron a súa bolda para portar libros e levárona para casa.