CREA O TEU PORTALIBROS EN CORCUBIÓN
O xoves, 28 de xuño tivemos na biblioteca municipal Sagrada Familia o pracer de contar con Patricia de “O Faiado de Nin” que impartiu un obradoiro de deseño de mochilas para os nosos lectores e lectoras máis novo/as.
Patricia amosoulles os diferentes materiais que podían empregar, ao mesmo que tempo que lles mostraba exemplos para alimentarlles a imaxinación. O resultado final foron uns orixinais deseños e os participantes marcharon encantados coas súas mochilas cheas de libros.
Día 26 de abril de 2013, ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para rematar as celebracións do Mes dos Libros (co Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro), recibimos a visita gran artista internacional Lilí Gruyére, da familia dos Ratos de Lonxedetodo (Trinketrinke) dentro do programa Ler conta moito, que nos deleitou con cancións, baile, contos e interpretación.
Pero iso non foi todo: para rematar presentounos a casa dos ratos, onde poderemos atopar tódolos contos que nos recomendan os ratiños da nosa biblioteca: Leo, Savinia, Tareixa e Rodolfo, que xa son moi coñecidos polos visitantes da biblioteca.
E como o mellor é dar exemplo, Lilí púxose a remexer entre os contos e por aclamación popular leunos un par deles. A verdade é que estes ratos teñen moi bo gusto lector!
Todo un éxito!
Séguenos