“A GRAN AVENTURA DOS ANIMAIS” de TRÉMOLA TEATRO
O día 11/08/2023 de 11:30 a 12:30 h na Biblioteca municipal Segundo Gil Dávila de Arbo tivo lugar a actividade de contacontos “A gran aventura dos animais” na que 45 nenos e nenas de 3 a doce anos de idade e 7 adultos asistiron a un espectáculo moi dinámico de contacontos levado a cabo por Yolanda, de Trémola Teatro, no que, caracterizada como unha gata, contoulles diversas historias relacionadas co mundo animal dun xeito moi dinámico e interactivo, xa que os nenos participaron no decorrer das historias, creandoas conxuntamene xunto coa contadora de contos, quen ten unha enerxía e creatividade que fixo que os rapaces, a pesares da curta idade de algúns estivesen moi atentos e participativos. O uso de música, baile, elementos decorativos e obxetos que acompañaron as historias fixo deste espectáculo moi rico en matices.