Títeres Cachirulo despídese de Cambados na ALM de Vilariño
O pasado venres 25 de abril, Títeres Cachirulo rematou a súa particular maratón de animación á lectura por Cambados, grazas ao programa Ler Conta Moito. Así levou a todas as axencias de lectura das parroquias o seu espectáculo “O libro da selva” co cal os rapaces e familiares puideron gozar das aventuras de Mowgli e os seus amigos.
Nesta última función asistiron máis de 60 persoas, resultando todo un éxito de participación.
Os rapaces ademais, ao remate da sesión de títeres, puideron tocalos e xogar con eles… sen dúbida pasamos todos unha celebración do Día do Libro fantástica!