Títeres Cachirulo recalan na ALM de Corvillón co seu Libro da Selva
O pasado martes 22 de abril, Títeres Cachirulo visitou a ALM de Corvillón, dentro dos actos organizados para celebrar o Día do Libro.
O Concello de Cambados, grazas ao programa da Xunta de Galicia Ler Conta Moito, puido estender dita celebración a todas as parroquias, para dun xeito lúdico, difundir a lectura e os libros. Os nenos e familiares que asistiron, arredor de 30, puideron coñecer a historia de Mowgli e as súas aventuras e desventuras na selva.