O gran xogo das Letras Galegas chega á ALM de Corvillón
O pasado martes 16 de maio, Eduvia Educación achegouse ata a ALM de Corvillón para xogar cos nenos e nenas ao Gran Xogo das Letras Galegas… pasaron unha divertida tarde e de paso coñeceron un pouco máis das obras e autores máis destacados da nosa literatura, facendo fincapé por suposto na figura do homenaxeado este ano, Carlos Casares.