Trinke Trinke recala na ALM de Corvillón!
Onte, 10 de maio, Trinke Trinke continuou a súa “tournée” por Cambados, e fixo unha paradiña para repostar risas e aplausos no centro cultural de Corvillón.
A súa axencia de lectura puido coñecer a versión ratoniana de Riciños de Ouro que non defraudou a ninguén. Un día máis, continuamos coa celebración do mes das Letras Galegas en Cambados… aí van unhas fotos!