MANUEL MARÍA NA BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL DA MAN DE POLO CORREO DO VENTO
Neste mes de maio no que celebramos as nosas Letras Galegas, Polo Correo do Vento contounos e pintounos un conto para recordar a Manuel María, mentres todos axudábamos dende os nosos asentos.
Tamén leron algúns dos poemas de Manuel María e os rapaces e rapazas tiveron que contestar algunhas preguntas sobre o autor, o río Miño, árbores, animais, etc., de todo o que falaba o poema.
Ó conto leva tamén implícito un alegato ecolóxico que percorre a narración polo que tamén recordáronnos á terra que temos que coidar xuntos.
Séguenos