Os ratiños de Trinke Trinke visitan a ALM de Castrelo!
Había ben de tempo que os ratos de Trinke Trinke non se achegaban a Cambados… e o pasado martes iniciaron na ALM de Castrelo un periplo de “contacontos roedores” que visitarán todas as axencias de lectura no mes das Letras Galegas.
Ratisuco Ratoncio veunos falar do seu país “Lonxedetodo”, e relatounos a súa divertida versión de Riciños de Ouro… houbo tempo tamén para que nos tocara o acordeón, para cantar, xogar con globos de cores e rir… sobre todo rir!
Ata pronto Ratisuco!