Cris de Caldas trouxo a Galiña Azul de Carlos Casares á biblioteca das Pontes
O pasado xoves 25 de maio, Cris de Caldas contoulles aos nenos e nenas das Pontes as historias que para eles escribiu Carlos Casares. Falounos de Lolo, de Toribio, pero sobre todo contounos con gran detalle a histora de A Galiña Azul. Os rapaces pasárono en grande e puideron levarse para a casa un marcapáxinas que, axudados por Cris, fixeron coa imaxe da galiña azul. Foi unha bonita forma de completar as actividades que co gallo destas Letras Galegas 2017, a biblioteca Enrique Rivera Rouco está a realizar na honra de Carlos Casares.
Séguenos