Xeado de Lúa, de Títeres Cachirulo na Bibliopiscina dos Tilos
Malia a calor, na Bibliopiscina de Biblioteca dos Tilos (Teo) non quixemos perdernos este espectáculo de títeres onde os animais queren saber a que sabe a lúa. Desfrutamos axudando a coidar os paxariños para que a serpe non os atopara e vendo os ensaios de piruetas da cadela Violeta.