Espectáculo “As letras que voan con nome de muller” en San Sadurniño
O venres 22 de maio acollemos na casa da cultura de San Sadurniño a última actuación de “As letras que voan con nome de muller”. A integrante do grupo “Trémola Teatro” completou con este espectáculo as actuacións sobre as letras galegas este ano 2026. Da súa man pasamos un gran rato coñecendo aspectos interesantes sobre Begoña Caamaño e sobre outras mulleres ás que se lles adicaron outros anos as letras galegas. Os nenos e as nenas aprenderon moito, nun espectáculo moi participativo, á vez que traballaron a súa creatividade. Como fin á sesión desenvolveuse, con música en galego, unha dinámica de deshinibición corporal moi divertida.





