GRAN XOGO DAS LETRAS GALEGAS EN MUXÍA!!
O pasado sábado 16 de maio desfrutamos na Biblioteca de Muxía do Gran Xogo das Letras Galegas.
Un concurso moi divertido, realizado por Eduvía, no que os máis pequenos participaron por equipos e superaron diferentes probas mentres aprendían sobre escritoras e homenaxeadas célebres das Letras Galegas, así como sobre a figura de Begoña Caamaño.
Unha actividade para xogar, aprender e pasalo moi ben!






