LÍA MAGALIA E OS CONTACONTOS DE ANIMAIS EN MUXÍA
O sábado 21 de agosto estivo en Muxía Lía Magalia e os seus fermosos contos de animais. A rapazada puido disfrutalos ao aire libre para unha maior seguridade.
O sábado 21 de agosto estivo en Muxía Lía Magalia e os seus fermosos contos de animais. A rapazada puido disfrutalos ao aire libre para unha maior seguridade.
O día 14 de agosto trouxemos ata Muxía a Excéntricas e Teatro de Adro co espectáculo Cartoons. A actuación tivo lugar na rúa debido ao calor e ás medidas covid, e dado que este ano está permitido facelo fóra da biblioteca. Tivo moito éxito e é un espectáculo moi recomendable para disfrutar en familia
Asistiron unhas 60 persoas.
O 17 de xullo cehgou a Muxía esta divertida e participativa actividade de Nelson Quinteiro. A rapazada e as familias pasárono xenial. Iso si, tivo que ser ao aire libre pola calor que ía e para poder levar mellor as medidas anti covid. Moi recomendable.
Unha vez máis chegou a Muxía o gran Anxo Moure , o Carballo con Botas, cos seus contos que promoven valores positivos e solidarios. Desta trouxo a todos os nenos e nenas que se achegaron a escoitalo o valor da paz , a solidariedade e o coidado da natureza, da man dunha muller inmensa como Wangari Maathai.
Pakolas chegou á Biblioteca de Muxía cos seus contos e a súa música. Foi unha sesión moi participativa e didáctica
Unha preciosa sesión de contos que fixo as ledicias dos máis pequenos con Trinke Trinke
Comezamos un setembro cheo de actividades con Ler Conta Moito. Ata a nosa biblioteca achegáronse os contos pola igualdade de Eduvia, que non quixeron perder nin os máis pequeniños.
O mércores, 11 de setembro tivemos a Anxo Fariña na Biblioteca Municipal de Muxía. Trouxonos a actividade “A cidade violeta” na que nenas e nenos aprenderon a debuxar con el, e fixeron a súa propia cidade na que todas as persoas temos as mesmas oportunidades e podemos facer as mesmas cousas. divertironse moito coa pintura que se ve na escuridade.
Unha actividade participativa e divertida.
CIENCIA EN RUTA achegounos onte a unhas primeiras nocións sobre o sistema solar e tamén á figura de varias mulleres astrónomas. Esta actividade veu a Muxía pola subvención de actividades de animación á lectura pola igualdade e contra a violencia de xénero.
Quizais no público había nenas e nenos moi pequenos, pero para unha idade a partir de nove anos é moi recomendable e didáctica. Con todo as máis pequeniñas xa saben que poden ser o que queiran e que houbo importantes mulleres científicas. Disfrutaron moito tamén xogando cos planetas.
Onte tivemos a Caxoto na Biblioteca de Muxía cos seus contos pola igualdade. Esta actuación veu polas axudas para as actividades que promocionan a igualdade, e que se escollen polo mesmo catálogo do Ler Conta Moito. As nenas e nenos pasárono moi ben cos contos que falaban disa enfermidade chamada “machismo”
Séguenos