Calendario de Contos con Sole Felloza na Biblioteca de Portonovo
O 25 de abril na Biblioteca de Portonovo, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coa actividade “Calendario de Contos”.
A sesión a cargo de Sole Felloza, achegou ós cativos de Portonovo unha marabillosa tarde de contos arredor do calendario. Todos xuntos cantaron, incluídos os país, nais e avoas, e pasaronno xenial. De feito houbo cativos que xa na casa seguían a cantar as melodías que Sole lles ensinara. E ó rematar, un cativo achegóuse para que Sole lle adicase o seu libro.
Foi un pracer contar con esta narradora e disfrutar das súas historias e a súa profesionalidade. Tanto os maiores coma os pequenos disfrutaron do lindo, de tal xeito que, cando Sole terminou ninguén se moveu do sitio: estaban tan metidos na sesión que querían máis…
Ata pronto Sole!
Séguenos