Teatro Calavera veu celebrar o Día do Libro a Aldán
O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa convidaron a pasar unha tarde moi larpeira a cativ@s e maiores. Primeiro desfrutando da súa escenificación con música e moitas risas e logo ao rematar, fixeron un obradoiro de decoración de magadalenas, onde participaron todos os nen@s.





