O “Quiquiriquí” de Monchiño escoitouse na Biblioteca de Aldán

Raquel Crespo veunos contar as historias da granxa da Rosa.
Cativos e maiores desfrutamos a rabiar.

Raquel Crespo veunos contar as historias da granxa da Rosa.
Cativos e maiores desfrutamos a rabiar.
Fantástico broche final para a nosa programación de Ler Conta Moito e celebración do día das bibliotecas este venres 24 de outubro. Cativos e maiores pasáronno en grande coas aventuras da nena Mariña e os seus amigos. Grazas Alba Bermúdez.

O pasado venres tivemos a visita das “Curuxas” de Allariz. Os cativos pasaron unha mañá do máis divertida creando auténticas reliquias con material de refugallo e moita historia e imaxinación. Sen dúbida unha experiencia para volver a repetir.

O pasado venres 25 de abril pudemos desfrutar do lindo cos contos de Carmen Domech. Un espectáculo cheo de cor que fixo que a rapazada o pasase xenial. Mención especial á participación dos cativos durante toda a sesión.

A biblio de Aldán converteuse nunha selva improvisada ondo os nosos valentes exploradores atoparon unha chea de animais do máis perigoso… :))



Afartámonos de rir cos gustos textís da sua Maxestadade…

Este pasado mércores 5 de xullo, tivemos unha actividade moi creativa e ben feitiña. Da man de Animar-t levouse a cabo un obradoiro de chapas, onde cativos e maiores puseron en marcha a súa creatividade e o seu compromiso coa igualdade. Pasámolo pipa…

Atenea García contou e teatralizou un puñado de contos ben coñecidos e fixo pasar a cativos e maiores unha tarde do máis divertida.

Da man destas dúas aventureiras fomos coñecendo os personaxes de coñecidos contos como “11 damas atrevidas”, “Teresa non quere ser princesa”, “Bieito e o seu carriño”, “Unllas de cores” e “Monstro Rosa” e xuntos descubrimos un gran tesouro, que somos diferentes e isto é o máis divertido.


Esta vez, O Mago Paco presentounos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levaron a cativos e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para sorprender o seu público. Unha proposta pouco convencional para traballar os contos, pero moi, moi divertida!!!



Séguenos