Actividade de animación á lectura, integrada no programa de Igualdade e Violencia de xénero, que atopou en Aldán uns cativ@s moi activos e atentos para escoitar as aventuras da osa Ada.
Actividade moi creativa e dinámica, onde se mestura literatura e plástica, narración e obradoiro, desta forma os nosos cativ@s e non tanto, puxeron en práctica as súas magníficas dotes artísticas. A galiña Rosiña quedou marabillada co fantástico galiñeiro de Aldán…
O pasado venres 19 de outubro tivemos o pracer de desfrutar unha vez máis da fantástica Raquel Queizás,
os cativ@s non pestanexaron durante toda a actuación, estiveron moi participativos ata o final.
O pasado venres 28 de setembro na bibliotca de Aldán, pasamos unha tarde do máis divertida coas viaxeiras de Trécola teatro,
facendo as ledicias de cativos e maiores, por certo, moi participativos durante todo o espectáculo.
Este pasado mércores os nosos cativ@s desfrutaron dun divertido obradoiro para confeccionar as bolsas que despois empregaron para levar os libros en préstamo para a súa casa. Durante unha hora e media puxeron moito empeño e creatividade para que quedasen perfectas…
O mago Paco fixo desfrutar a cativ@s e maiores nunha tarde chea de auténtica maxia. Durante unha hora e pico
os nosos pequenos non perderon detalle de todos os movementos do mago Paco que con gran maestría e ilusión
conseguía asombrar ata aos máis incrédulos. Graciñas por esta tarde fantástia!
Paco Cerdeira “Pakolas” interpreta en directo unha escolla dos seus temas para público infantil, con música rock, sempre cunha mensaxe final, formando así unha fermosa parábola da que aprender e na que pensar.
Séguenos