Entre Libros e Maxia con Leo Leiño na Axencia de Lectura Fundación Ferama.
Na Axencia de Lectura Fundación Ferama quixemos festexar dunha forma moi especial este mes do Libro cunha sesión de maxia e libros coa gran ilusionista Leo Leiño. O pasado venres 21 de abril a nosa biblioteca e os seus grandes lectores disfrutaron dun día de maxia e humor “Entre Libros anda a Maxia”. Ilusión, risas e libros, diversión para toda a familia.

Leo Leiño na Axencia de Lectura Fundación Ferama
Coa participación de todos os nenos e nenas que desexaron ser axudantes da gran meiga e facer que todos e todas o pasaran moi moi ben.

Entre Libros anda a Maxia na Axencia de Lectura Fundación Ferama




