Comechíns na Biblioteca de Bertamiráns
A Biblioteca de Bertamiráns recibiu a Galetreatro o xoves 6 de abril coa súa obra “Comechíns, segundo prato”.
Con esta sesión de contacontos quixemos comezar os festexos deste mes no que os protagonistas son os libros.
Contáronse sete historias que abriron a fame de contos a todos os nenos e adultos que asistiron.





