“O Xigante” chega á Biblioteca Municipal de Caldas de Reis
O sábado pola mañán visitou a Biblioteca Pública Municipal “P. M. Martínez Ferro” Gonzalo Guerreiro da compañía Elefante Elegante que trouxo o seu contacontos teatralizado “O Xigante”.
Os rapaces e os seus pais gozaron coa historia do xigante e a súa transformación na que os libros foron os protagonistas. Pasámolo en grande!