As viaxes de Irene en Bertamiráns
O xoves día 11 de maio tivemos o pracer de ter con nós a ONGD Solidariedade Internacional de Galicia.
Na sesión a protagonista contounos que era filla de cooperantes e que por iso tivera a sorte de percorrer unha chea de países en vías de desenrolo, viaxamos por Guatemala, a India e por varios lugares do continente africano. Foi unha sesión divertida e moi interesante, onde pequenos e grandes apréndemos unha chea de cousas.





