“A Galiña Azul e compañía” a cargo de Cris de Caldas na ALM de Ribadetea
Onte, 15 de maio, na Axencia de Lectura Municipal de Ribadetea, os nenos descubriron a obra de Carlos Casares con Cris de Caldas.
“A Galiña Azul e compañía” foi a gran protagonista co seu espectáculo de narración oral e o posterior obradoiro de marcapáxinas que levaron os nenos para a casa.
A galiña azul estivo moi ben acompañada, de xeito que tivemos a oportunidade de coñecer outras obras de Casares e algúns contos tradicionais.
Esta actividade divulgativa foi a nosa celebración do Día das Letras Galegas.






