Soledad Felloza na biblioteca Varela Jácome de Lalín
O pasado 13 de maio a biblioteca pública “Varela Jácome” de Lalín acolleu, co gallo do mes das Letras Galegas, “Unha viaxe ao mundo de Carlos Casares”, de Soledad Felloza. Incluída dentro do programa “Ler conta moito”, nesta actividade para nenos e nenas de 4 a 11 anos as persoas asistentes puideron achegarse máis de cheo á figura de Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Durante case unha hora nenos/as e maiores gozaron das marabillosas historias que a contadora lles transmitiu, un percorrido por un universo creado a partir de feitos cotiás que non deixou indiferente a ninguén.





