As “Letras Galegas 2017” continúa con teatro en Cee

O xoves 18 de maio, 174 rapaces de 4º e 5º Curso de Primaria dos centros educativos do Concello de Cee, encheron de sorrisos as diferentes instalacións da Casa da Cultura, en especial a Biblioteca Pública “Francisco Mayán” para visitar a mostra bibliográfica sobre Carlos Casares, para despois aistir ao espectáculo “Camiñando entre estrelas” de Teatro Ghazafelhos. Obra amena e moi divertida, pero tamén pedagóxica. Durante case unha hora un astronauta, en forma de contacontos, fálanos da formación dos planetas, astros, estrelas,…xunto con outras curiosidades do mundo galáctico, facendo participar aos cativos desenvolvemento da obra. Foi sin dúbida unha mañá na que os nenos e nenas realizaron unha apaixonante viaxe polo medio do cosmos, grazas a esta función teatral.





