O Xigante chegou a Ribeira e animounos a ler.
“Ler conta moito” tanto conta que incluso os xigantes o recomendan!
O sábado, 20 de maio, Gonçalo Guerreiro da compañía Elefante Elegante achegouse á Biblioteca de Ribeira para contarnos “O xigante”. Historias de presiosos xardíns gardados por xigantes, e de grandes lectores na procura das árbores dos libros, e de tantas e tantas cousas…

E dentro dunha maleta puidemos ver un mundo enteiro.

Moitas grazas a Gonçalo por facernos pasar unha mañá chea de ilusión e libros.
Vémonos na Biblioteca!




