Biotecnólogos/as na BPM Mugardos
Os rapaces e rapazas da biblioteca de Mugardos convertéronse por un día en expertos biotecnólogos para resolver o caso do asasinato da bibliotecaria, recollendo mostras e pegadas para extraer o ADN do responsable do delito. Mediante materiais que teñen ao seu alcance na casa conseguiron resolver o caso. Unha actividade totalmente recomendable posto que esperta o interese dos nenos/as e na que eles mesmos manipulan, pensan, interactúan e sobre todo, aprenden.