“Contos que deixan pegada” na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Onte, martes 3 de outubro, Pavís Pavós visitounos de novo na Biblioteca Manuel María de Oleiros cun feixe de contos cheos de tradición oral, musicalidade e valores universais que van deixando pegada en cada un de nós.




