A biblioteca de Irixoa celebra o día da Biblioteca resolvendo un roubo
Na biblioteca de Irixoa roubaron un manuscrito moi valioso. Afortunadamente o ladrón deixou restos biolóxicos, e coa axuda dos nenos e das nenas que estaban na biblioteca para celebrar o Día da biblioteca, e usando material de cociña sacamos ADN que atopamos dos ladróns e resolvemos o caso aprendendo que é a biotecnoloxía.




