Navegando entre papel e contos Mar adiante- Bibilioteca de Bertamiráns (Ames)
O sábado 19 os nenos e nenas de Bertamiráns tiveron ocasión, da man de Xandobela, de coñecer e gozar da obra de María Victoria Moreno. Fixéronse expertos en “Mar Adiante” e mesmo visitaron a illa dos paxaros que escaparon da persecución dos homes da aldea, escoitaron os seus cantos e ata fixeron, entre outras cousas, un barco como o de Miguel, o vello mariñeiro. Un éxito!!





