Contacontos B.P.M. Ribadavia
O venres 1 de xuño tivo lugar un contacontos teatralizado da man de Producións Dispersas titulado “O souto dos prodixios” , espectáculo con música, teatro e danza no que os nenos participaron moito.
O souto dos prodixios é un lugar onde todo pode suceder. Non hai nada imposible baixo os castiñeiros: Os ourizos falan en varios idiomas, os raposos cantan ópera lixeira, os sapos compoñen poemas que riman, os osos fan punto de cruz nas silveiras, temos xirasoles que dormen de día e as estrugas non pican se lles chiscas un ollo.
Estas son as fotos dos nenos que asistiron e que amosan o ben que o pasaron.










