O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas cunha visita moi especial!
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia viñeron á biblioteca para gozar dun conto teatralizado moi mariñeiro: “Xan das ondas” 🌊🐚de A Farra.
Pasámolo en grande axudando a Xan e á fauna acuática a limpar o océano de residuos para que as ondas volveran soar libres e felices 🌈🐠
Unha xornada divertida e chea de maxia 💙
Porque nas bibliotecas… as boas historias sempre nos fan navegar!


O 25 de outubro seguimos a celebrar o Dia das Bibliotecas cun contacontos da man de Trémola Teatro titulado “Eva na Antártida”.
Esta vez acompañáronnos nenos do CRA Amencer que pasárono en grande coas aventuras medioambientais de Eva na Antártida e coñeceron a problemática do derretimento do xeo e as súas consecuencias no ecosistema polar.


O 24 de outubro Dia das Bibliotecas, nenos e as súas familias da Escola Infantil A Galiña Azul, achegáronse a celebrar con nos este día cun bebeconto titulado “Unha tarde con Dori” de Batucado&Emusin.
O espectáculo infantil fixo as ledicias dos nenos que o pasaron en grande no seu primeiro contacto co mundo dos contos.

Celebramos o Dia do Libro con nenos do CRA Amencer que visitaron a exposición bibliográfica “SOS Océano” e asistiron a un contacontos de Teatro Calavera titulado “Animaladas”, relacionado co Proxecto que estamos a levar a cabo este ano sobre a Axenda 2030 e os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible.




O 2 de abril, Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, nenos de 3º de Primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia asistiron a un contacontos de Maquinaria Teatro titulado “Que contan as árbores” dentro do programa Ler conta moito.
Esta actividad está encadrada tamén no longo proxecto que estamos a levar a cabo na Biblioteca de Ribadavia sobre a Axenda 2030. En outubro iniciamos este proxecto presentando todos os obxetivos da Axenda 2030 e posteriormente ampliamos a información centrándonos en algúns dos obxetivos como a igualdade, a diversidade e agora sobre os ODS 12 e 14, cunha exposición-mostra bibliográfica e con contacontos e obradoiros relacionados co tema.
Na exposición empregamos material de refugallo como tapóns de botellas para facer os animais acuáticos, plásticos, restos de cartón, etc…



O 21 de outubro celebramos o Dia das Bibliotecas (24 outubro) con dúas sesións de contacontos da man de Teatro Calavera titulado “Os contos da bruxa Chispum” e cun obradoiro posterior na que os rapaces elaboraron unha pócima fluorescente. Este contacontos foi posible grazas ao programa Ler conta moito.
Esta vez os nenos que asitiron foron nunha primeria sesión, nenos do CRA Amencer de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria e nunha segunda sesión, nenos de 4º de primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia.
Asi de ben o pasaron ambos grupos:



O 15 de outubro ás 10:30 h, nenos de 5º e 6º de primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia asistiron a un contacontos titulado “Contos do mundo” de Solidariade Internacional de Galicia, dentro do proxectos “Viaxa coa lectura” que estamos a facer ao longo deste ano e co cal levamos un dos premios Maria Moliner de fomento da lectura. O devandito contacontos foi posible grazas ao programa Ler conta moito.
Nel, os nenos aprenderon moitas cousas da cultura das antigas civilizacións sudamericanas, como aztecas, maias e incas, asi como lendas dos mesmos e a actividade que está levando a cabo a asociación de Solidaridade Internacional de Galicia nesas zonas.

O 7 de setembro ás 20:00 h no espazo cultural da Igrexa da Madalena tivemos un contacontos da man de Tarabelos, titulado “Debulendo lendas”.
Os nenos coñeceron as lendas de persoaxes históricos e ficticios, coma María Pita, os gamusinos, a Coca, Breogán, etc…, á vez que ían debuxando coa súa imaxinación aos persoaxes das historias.


O 24 de xuño ás 19:00 h a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia tivo o contacontos “Heroes e heroas” de Pedro Brandariz dentro do programa Ler conta moito.
Foron bastantes nenos e pais os que se achegaron ao auditorio da Casa da Cultura, onde se ubica a biblioteca, para asistir ao espectáculo de igualdade de xénero que nos presentou este narrador oral.
Neste espectáculo Brandariz amósalle ás cativas e cativos que as nenas tamén son valentes e poden fachendear de ter afouteza, protagonizando historias nas que terán que correr mil e unha aventuras.
E por outra banda tamén indicirá en que os nenos poden ser sensibles e poden amosar as súas emocións sin que ninguén se ría deles



Séguenos