María Victoria Moreno, Unha historia de amor
Enrique Mauricio e Carlos Taboada,“ Polo Correo do Vento ” , presentaron na biblioteca de Sober :
María Victoria Moreno , unha historia de amor.
Contos e debuxos sobre a autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas.O público asistente coñeceu a vida e a obra desta autora, a través dos contos de Quique e os excelentes debuxos de Carlos. Para rematar cada asistente fixo unha caricatura da autora seguindo as instruccións de Carlos Taboada.






