En xuño…..Ler tamén Conta Moito….na Biblioteca de Cee

O lúns, 11 de xuño ás 11.00 horas, tivo lugar na Casa da Cultura de Cee a primeira das actividades do Programa “En xuño… Ler tamén Conta Moito” que a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” realiza en colaboración coa Consellería de Cultura. Máis de 150 nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria dos diferentes centros educativos do Concello, asistiron á representación da obra “A máquina do tempo” de Teatro Ghazafelhos, peza teatral que é un apaixonante percorrido polas distintas épocas da historia, desde os tempos prehistóricos ata a época actual, pasando polas idades antiga, medieval e moderna, dun xeito moi divertido e ameno, á vez que didáctico. Podo asegurar que a participación e implicación do público foi desde un primeiro momento moi satisfatoria, o que contribuiu a que pasasemos unha mañá fantástica.





