Ler conta moito no Concello de Paderne
O pasado 20 de xuño na biblioteca municipal de Paderne as dez e media da mañá, os nenos das escolas unitarias do Concello foron partícipes dunha animada actividade de dinamización da lectura, levada a cabo por Duende Sico co seu espectáculo de “Creando unha historia de monicreques”.
A xornada comezou cunha representación onda a biblioteca era o escenario principal e os libros parte das persoaxes. Un pequeno teatrillo serviu para coñecer algúns dos monicreques protagonistas de libros coñecidos, por tódolos alí presentes. Seguindo cun obradoiro creativo onde os nenos fixeron os seus propios bonecos ademais de pequenas historias improvisadas.
A xornada rematou ca visita do alcalde que animou os mais pequenos ó uso destas instalacións e recordou o importante que é un bó hábito de lectura dende os primeiros anos.




