A Biblioteca Máxica
“A BIBLIOTECA MÁXICA” do pallaso Piruleta y Cía
Actuación realizada o día 18 de xullo de 2018 na Biblioteca Pública “Segundo Gil Davila” de Arbo.
A actividade comeza cun bibliotecario que realiza a apertura da súa biblioteca, explicando o que fai, para que serve,… E a continuación entra o pallaso Piruleta interesándose por todo o que lle rodea.
Grazas a interacción destes dous personaxes coas nenas e nenos presentes, van ensinando poemas de Gloria Fuertes e outros autores, e animan a tod@s a ler e a buscar libros a través de: cancións, malabares, monicreques, disfraces, monecos, etc.





